venres, 4 de decembro de 2015

Actividade 7

ACTIVIDADE7.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Disco duro: un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios platos, apilados nun mesmo eixo que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os platos están situados as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tios: IDE, SCSI, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primer disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos duros actuais de varios TB cun tamaño maior que un teléfono móbil.




                   




Memorias Flash: A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu preco asquible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de empleo. Iso si, a vida dunha memoria flashnon é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode grabar información nela.

Os tipos de memoria flash máis empleadas son:

-Memorias USB: pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é decir, aunque esté encendido. Xeralmente, nonn hai que instalar algún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automáticamente.



                                           



-Traxetas de memoria: son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitales e móbiles, polo que adóitase conetar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.




                                             



Unidade de estado Sólido: unha unidade de estado sólido ou SSD ( SOlid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuitos integrados para almacenar a información, utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móviles, a unidade de estado sólido reduce drásticamente o tempo de búsqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moiyo mási rápida que os discos duros.

A SSD fai uso da mesma interfaz que os discos duros e, polo tanto, son fácilmente intercambiables sen ter que percorrer a adaptadores ou tarxetas de exansión para compatibilizalas co equipo. Ao seren inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móviles


                                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario