venres, 11 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 9

ACTIVIDADE9.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.

Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.

  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 

  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 

  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.


(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede. 

 
Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra "módem" provén dos termos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en converter a sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.
 
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
 
Módem ADSL: Utiliza o fío de cobre de unha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (desde a rede hasta o usuario) e a capacidade de subida de datos ( en sentido inverso) no coinciden. A tecnoloxía que se usa, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é  unha das máis utilizadas.
 
 
Cable módem: deseñado para modular a sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporciona aceso a Internet de banda ancha.


Módem USB: Utiliza a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades  en función do tipo de conexión, GPRS, 3G, ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalábricamente.



(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede
 
Router: Un router é un dispositivo que permite interconcetar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conecxión a Internet.
 
 
(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 
 
Dispositivo PLC: A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á de un módem, aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cosas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.
 
Cableado coaxial: Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.

Cableado de par trenzado: Está constituido por catro fíos. Cada par está entrelazado para disminuír a interferencia eléctrica e evitar que se acople a sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:

-UTP: É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.

-STP: É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.

-FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma de trenza. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto aos anteriores.

Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenrolo O cableado de par trenzado utiliza conetores RJ-45.



Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fina de material transparente, vidro ou material plástico, polo que envíase  un haz de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con fiaduras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis utilizados na fibra óptica par a redes de área local son ST, LC, FC e SC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario